lunes, 27 de abril de 2015

CHEGAMOS AO FINAL.

Grazas ao curso "CREACIÓN DE AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE" coñezo máis recursos, ferramentas, experiencias,... Para min o mellor do curso foi compartir con compañeiros e compañeiras de campos diferentes diferentes comunidades virtuais (facebook, pinterest, twitter,...) e o fácil que foi porse de acordo. Dar as gracias aos coordinadores das diferentes comunidades polo seu traballo. Non sei nos demais grupos pero no grupo de "atención diversidade" as publicacións parecéronme moi interesantes e útiles para incorporar na miña práctica educativa. Para rematar espero practicar o pouco que aprendín no curso (quédame moito por aprender) e espero que os grupos das comunidades virtuais sigan funcionando.
Sen máis: ata a próxima.

viernes, 10 de abril de 2015

A CURACIÓN DE CONTIDOS.

Segundo Antonio Bauzano, a curación de contidos sérvenos para atopar, agrupar, organizar, valorar e compartir online. Para optimizar o noso traballo ao máximo hai ferramentas que nos axudan co seguimento de contidos, co filtrado,... Nas nosas aulas podemos empregar ferramentas de curación de contidos entre outras podemos empregar as que seguen.
A continuación hai un exemplo de ferramentas de curación de contidos e como aplicalas. Esta sacada da web https://infogr.am/ Agora podedes ver un listado con dez ferramentas para poder crear e compartir contidos e poder aplicalos na aula.
Agora podemos ver un tablero de curación de contidos en pinterest.