lunes, 27 de abril de 2015
CHEGAMOS AO FINAL.
Grazas ao curso "CREACIÓN DE AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE" coñezo máis recursos, ferramentas, experiencias,... Para min o mellor do curso foi compartir con compañeiros e compañeiras de campos diferentes diferentes comunidades virtuais (facebook, pinterest, twitter,...) e o fácil que foi porse de acordo. Dar as gracias aos coordinadores das diferentes comunidades polo seu traballo. Non sei nos demais grupos pero no grupo de "atención diversidade" as publicacións parecéronme moi interesantes e útiles para incorporar na miña práctica educativa.
Para rematar espero practicar o pouco que aprendín no curso (quédame moito por aprender) e espero que os grupos das comunidades virtuais sigan funcionando.
Sen máis: ata a próxima.
viernes, 10 de abril de 2015
A CURACIÓN DE CONTIDOS.
Segundo Antonio Bauzano, a curación de contidos sérvenos para atopar, agrupar, organizar, valorar e compartir online. Para optimizar o noso traballo ao máximo hai ferramentas que nos axudan co seguimento de contidos, co filtrado,...
Nas nosas aulas podemos empregar ferramentas de curación de contidos entre outras podemos empregar as que seguen.
A continuación hai un exemplo de ferramentas de curación de contidos e como aplicalas. Esta sacada da web https://infogr.am/
Agora podedes ver un listado con dez ferramentas para poder crear e compartir contidos e poder aplicalos na aula.
Agora podemos ver un tablero de curación de contidos en pinterest.
domingo, 1 de marzo de 2015
ROMPAMOS CON TÓDALAS BARREIRAS QUE OBSTACULICEN A APRENDIZAXE.
En lugar de sistemas educativos, escolas e aulas diferenciadas en función
das características dos alumnos, debemos apostar por sistemas educativos,
escolas e aulas inclusivas.
UNHA ESCOLA PARA TODOS debe ser capaz de responder ás necesidades individuais, sexa cal sexa o
seu grao de especificidade. Deber de ser capaz de adecuar recursos e
metodoloxías ás características do alumno/a con necesidades educativas
especiais. Para iso, será necesario establecer proxectos que actúen non só
sobre a propia persoa, senón que estenda o seu foco de atención á totalidade de
membros que forman parte da comunidade educativa.
Unha escola ou unha aula inclusiva é aquela na que poden aprender, xuntos,
alumnos diferentes, participando tanto tempo como sexa posible, participando
tanto como sexa posible nas mesmas actividades de ensinanza aprendizaxe. Esta
escola non pode excluír a ninguén, xa que non hai categorías de alumnos.
Trátase dun cambio radical: a pedagoxía centrada no neno e é a escola a que
debe adaptarse, en lugar de estar centrada na escola e que sexa o neno quen
deba adaptarse a ela.
QUE PODEMOS FACER PARA
QUE TÓDOLOS/AS ALUMNOS/AS APRENDAN AO MÁXIMO DAS SÚAS POSIBILIDADES?
☼ PERSONALIZACIÓN DA ENSINANZA: adecuación do
que ensinamos, e como ensinamos, as características persoais dos estudantes. Os
alumnos/as non son iguais, polo tanto, non podemos ensinarlles como si fosen
iguais. Teremos que empregar múltiples: formas de comunicar os coñecementos,
presentar actividades, actividades de ensinanza - aprendizaxe, formas de avaliación,...
☼ AUTONOMÍA DOS ALUMNOS E ALUMNAS: ensinarémoslle
estratexias de autorregulación da aprendizaxe.
☼ ESTRUCTURACIÓN COOPERATIVA DA APRENDIZAXE: debemos
estruturar a clase de maneira que o mestre/a non sexan os únicos que
"ensinan", senón que os alumnos/as, en pequenos equipos de traballo
cooperativo, sexan capaces de ensinarse mutuamente, de cooperar e axudarse a
hora de aprender.
PREPARADOS, LISTOS, XA ...!!!!!
OLA A TOD@S, BENVIDOS AO MEU BLOG "UN LONCHE DE RECURSOS"!
Neste blog atoparemos recomendacións de páxinas webs e blosg con: ideas, recursos, materiais, xogos, enlaces,... para traballar co noso alumnado.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






