domingo, 1 de marzo de 2015

VIDEOS: "ATENCIÓN A DIVERSIDADE".

ROMPAMOS CON TÓDALAS BARREIRAS QUE OBSTACULICEN A APRENDIZAXE.

En lugar de sistemas educativos, escolas e aulas diferenciadas en función das características dos alumnos, debemos apostar por sistemas educativos, escolas e aulas inclusivas.




UNHA ESCOLA PARA TODOS debe ser capaz de responder  ás necesidades individuais, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Deber de ser capaz de adecuar recursos e metodoloxías ás características do alumno/a con necesidades educativas especiais. Para iso, será necesario establecer proxectos que actúen non só sobre a propia persoa, senón que estenda o seu foco de atención á totalidade de membros que forman parte da comunidade educativa.

Unha escola ou unha aula inclusiva é aquela na que poden aprender, xuntos, alumnos diferentes, participando tanto tempo como sexa posible, participando tanto como sexa posible nas mesmas actividades de ensinanza aprendizaxe. Esta escola non pode excluír a ninguén, xa que non hai categorías de alumnos. Trátase dun cambio radical: a pedagoxía centrada no neno e é a escola a que debe adaptarse, en lugar de estar centrada na escola e que sexa o neno quen deba adaptarse a ela.

QUE PODEMOS FACER PARA QUE TÓDOLOS/AS ALUMNOS/AS APRENDAN AO MÁXIMO DAS SÚAS POSIBILIDADES?

   PERSONALIZACIÓN DA ENSINANZA: adecuación do que ensinamos, e como ensinamos, as características persoais dos estudantes. Os alumnos/as non son iguais, polo tanto, non podemos ensinarlles como si fosen iguais. Teremos que empregar múltiples: formas de comunicar os coñecementos, presentar actividades, actividades de ensinanza -  aprendizaxe, formas de avaliación,...



   AUTONOMÍA DOS ALUMNOS E ALUMNAS: ensinarémoslle estratexias de autorregulación da aprendizaxe.



   ESTRUCTURACIÓN COOPERATIVA DA APRENDIZAXE: debemos estruturar a clase de maneira que o mestre/a non sexan os únicos que "ensinan", senón que os alumnos/as, en pequenos equipos de traballo cooperativo, sexan capaces de ensinarse mutuamente, de cooperar e axudarse a hora de aprender.









                                         







PREPARADOS, LISTOS, XA ...!!!!!

OLA A TOD@S, BENVIDOS AO MEU BLOG "UN LONCHE DE RECURSOS"!
Neste blog atoparemos recomendacións de páxinas webs e blosg con: ideas, recursos, materiais, xogos, enlaces,... para traballar co noso alumnado.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!